Pablísimo é especialista en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Colle un pouquiño de contacontos, engádelle unha pinguiña de teatro, deixao ao baño María con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima e ... xa tes unha sesión de Pablísimo. Contos sobre igualdade para príncipas e princesos, contos coas mans, contos con ovos... todos os contos que imaxines.